ESCOLA DEPORTIVA | Ximnasia de mantemento para o curso 2020/21

INSCRICIÓN:

O prazo de solicitude de inscrición na escola deportiva de ximnasia establécese do seguinte xeito:

  • Solicitude de inscrición: do 12 ao 24 de novembro (ambos incluídos).
  • Sorteo: 26 de novembro (en presenza da secretaria municipal, no suposto de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles).
  • Inicio da actividade: 30 de novembro

Para solicitar a inscrición na escola deportiva de ximnasia deberá cubrir o formulario específico de solicitude e presentalo do seguinte xeito:

  • No rexistro de entrada do Concello de Muros (Casa do Concello) segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • A través da sede electrónica do Concello de Muros: sede.muros.gal

O formulario de solicitude poderá descargarse da páxina web, ou directamente da sede electrónica, sede.muros.gal.

A persoa solicitante só poderá participar nunha quenda (pavillón de Miraflores ou pavillón Xosé Lago) e cada unha destas quendas contará cun máximo de 6 alumnos/as.

Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Muros. No caso de que non se completaran as prazas, estas poderán ser ocupadas por persoas non empadroadas no Concello de Muros. Unha medida excepcional e provisional para paliar as consecuencias ocasionadas pola COVID-19, de forma que se poida garantir o dereito da veciñanza, previsto no artigo 18 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, de utilización dos servicios públicos municipais.

A adxudicación pode ser:

  • Directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles en cada quenda.
  • Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das quendas.

As quendas e idades establécense do seguinte xeito:

  • Nados/as nos anos anteriores ao 2004
  • Período: de novembro a maio

Quendas en Esteiro:

  1. Martes de 19:00 h a 19:45 h e xoves de 20:00 h a 20:45 h
  2. Martes de 20:00 h a 20:45 h e xoves de 19:00 h a 19:45 h
  3. Mércores de 19:00 h a 19:45 h e venres de 19:45 h a 20:30 h
  4. Mércores de 20:00 h a 20:45 h e venres de 18:45 h a 19:30 h

Quendas en Muros:

  1. Luns de 18:00 h a 18:45 h e xoves de 19:00 h a 19:45 h
  2. Luns de 19:00 h a 19:45 h e xoves de 18:00 h a 18:45 h
  3. Martes de 18:00 h a 18:45 h e venres de 19:00 h a 19:45 h
  4. Martes de 19:00 h a 19:45 h e venres de 18:00 h a 18:45 h

Procuraranse novas quendas alternativas en función da lista de reservas.
Os horarios e a composición dos grupos poderán ser modificados en función doutras demandas, das novas normas sanitarias e doutras actividades no pavillón.

LUGARES:

  • Muros: pavillón de Miraflores
  • Esteiro: pavillón Xosé Lago

INFORMACIÓN:

  • Pavillón municipal de Miraflores: 981 762 152
  • Centro Cultural e Xuvenil de Muros: 981 762 294

Cota de participación: gratuíta

Comezo da actividade: a partir do 30 de novembro

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close