Escudo
actual
O escudo de Muros conserva
os emblemas de Castela e León como recordo da súa
dependencia dos soberanos de aqueles reinos; as dúas vieiras,
que acompañan a unha carabela, refírense á
súa dependencia compostelá. A carabela fai alusión
á participación dos navíos locaies na conquista
de Málaga en 1.487.

Un importante suceso relacionado
co mundo do mar no que estivo implicada a poboación deste
lugar e que lle fixo merecedora do título Moi Humanitaria
foi o afundimento en augas muradanas, o día 28 de outubro
do ano 1905, do buque de guerra da Armada Española Cardenal
Cisneros. Os habitantes do pobo fixéronse merecedores de
tal distinción feita non ano 1906 polo rei Alfonso XIII,
non só por salvar de morrer afogados ós máis
de cincocentos homes que formaban parte da tripulación, senón
tamén por acogellelos durante varios días solidariamente
nas súas casas. A este novo título hai que engadir
o de Moi Nobre e Moi Leal que xa lle fora concedido non ano 1612.
Escudo
antiguo
No documento de 1298 no
que a vila pasa, por donación real de Fernando IV, ó
señorío da Igrexa Compostelavese o blasón cun
castelo de ouro con tres torres do mesmo metal, e apoiándose
nel, á dereita, un león rampante de ouro, todo inscrito
nun rombo.
|