No
campo do Patrimonio Civil o visitante vaise atopar en Muros con
singulares edificacións dedicadas a vivenda que se inclúen
dentro do tipo mariñeiro e que están realizadas en
boa cantería, participando dun estilo homoxéneo que
proporciona ó conxunto do pobo un especial atractivo. Xunto
a estes edificios o forasteiro poderá recrearse coa contemplación
de múltiples edificacións funcionais que participan
do estilo ecléctico e que na súa maior parte atópanse
emprazadas na capital municipal.

Unha construcción
que a primeira vista engaiola a todo aquel que pase polo su lado
é o antigo edificio do Cine París, hoxe abandonado
pero que aínda conserva a prestancia de anos pasados. Foi
realizado no presente século e xunto co Teatro Mercedes e
o antigo edificio de Correos, é un dous mellores exemplos
de arquitectura ecléctica con que conta a vila. Na súas
fachadas as formas curvas e rectas combínanse harmoniosamente
dando lugar a uns exquisitos motivos decorativos.
No
lugar onde conflúen as principais arterias interiores do
pobo: a rúa Real e a Rúa Axesta, levántase
maxestuoso o edificio que alberga o Mercado de Abastos Municipal.
Trátase dun impresionante edificio de catro plantas construído
con bos sillares pétreos no que se destaca unha monumental
escaleira de dobre tramo con balaustrada de cantería coroada
con bolas. As dúas portas principais sitúanse na fachada
deste edificio que é unha proba da importancia comercial
que antigamente tivo esta vila.
Outro dos edificios de interese
dentro do patrimonio civil de Muros é a Casa Consistorial.
Substituíndo a un edificio anterior, comeza a súa
construcción non ano 1958 converténdose nun símbolo
dos novos tempos. A obra é proxectada polos arquitectos Antonio
Tenreiro Rodríguez e Pelegrín Estellés, que
intentan deseñar un edificio que non rompa co entorno. O
resultado foi unha construcción de tres plantas que repite
no piso baixo o motivo do arco apuntado, con intención de
recordarnos o pasado gótico da vila. Os traballos de acondicionamento
realizanse relativamente pronto e no ano 1960 inicia a súa
andadura como principal centro administrativo deste municipio. Na
actualidade estanse facendo obras no seu interior para mellorar
tanto as dependencias ad,ministrativas como os accesos a elas. Para
completar o paseo polo legado civil de Muros sería convinte
visitar outras mostras de singular fermosura que se encontran diseminadas
polo termo municipal. Así, non podemos deixar de citar a
gran vistosidade do Faro de Louro, o os restos das múltiples
fábricas de salazón que non fai moito tempo formaban
parte da imaxe deste lugar, e onde compartían espacio coa
parte destinada a vivenda, a parte onde se ubicaba a maquinaria
e o lugar donde estaban colocados os fosos de saladura. A Casa Caldeirón
en Louro, a Casa Anido e Casa Romaní en Serres, son bos exemplos
aínda en pé deste peculiar tipo de arquitectura.
Non
campo do Patrimonio Popular son moitos os exemplos aquí encadrados
que poden atraer a atención de todo aquel que se acerque
a Muros, tanto polo seu pintoresquismo como pola calidade deste
particular tipo de construccións. O Muros popular é
sumamente rico tanto en construccións dedicadas a vivenda
de labregos e mariñeiros como noutro tipo de construccións
adxectivas que se dispersan harmónicamente polas parroquias.
Así son innumerables os exemplos de alpendres, cortes, cabaceiras,
lavadoiros, pombais, fontes e muíños.
|