Perfil de contratante
 

Licitación pública para adxudicar o contrato de subministración
“Instalación dunha rede wimax en Torea e Abelleira”.

-
Publicación no perfil: 3/05/2010.
-

1.- Poder adxudicador.

a) Organismo: Concello de Muros.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do concello.
c) Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Muros: Curro da Praza, 1 – 15250 Muros (A Coruña). Teléfono: 981 82 60 50. Fax: 981 76 22 57. Correo electrónico: correo@muros.dicoruna.es. Perfil do contratante: http://www.muros.es/ga/perfil_contratante.html. Data límite de obtención de documentación e información: día anterior ao de remate do prazo de presentación de proposicións.

2.- Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.
b) Descrición: subministración e instalación de equipos para implantación dunha rede wimax.
c) División por lotes: non.
d) Lugar de execución: Parroquias de Torea e Abelleira (Concello de Muros).
e) Execución e entrega: 1.- Prazo de execución: 45 días. 2.- Lugar de entrega: Parroquias de Torea e Abelleira. 3.- Prórroga: non. 4.- CPV: 32410000-0

3.- Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de valoración.
c) Criterios de adxudicación: cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

4.- Orzamento:

a) orzamento de licitación: 113.642,88euros.
b) valor estimado: 96.307,53euros.
c) IVE: 17.335,35 euros.

5.- Garantías.

a) provisional: non.
b) definitiva: 5% do importe de adxudicación excluído o IVE.

6.- Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7.- Presentación de ofertas:

no Rexistro Xeral do Concello de Muros nun prazo de 15 días naturais desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

8.- Apertura de proposicións:

cláusula 17ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.- O custo deste anuncio será de conta do adxudicatario.